Páginas

Hoxe vouvos propoñer un xogo


Aclaración sobre o xogo "pasapalabra":É unha aplicación externa feita en Flash player, que para executala correctamente precisa dun ordenador, preferentemente con sistema operativo Windows, e con Internet Explorer, google chrome, onde temos que ter habilitado que permita a execución desta aplicación. En tablets de Apple non funciona e en android a través de google chrome si.
Sinto ter creado problemas co xogo pero pareceume un xogo de entretenemento, e por suposto non é obrigatorio xogalo.
Moitas grazas e lembrade que na semana seguinte as tarefas estarán na Aula Virtual.

O pasa palabra da música, fai clic enriba da foto e a xogar.

Pasapalabra


Se hai algo que non saibades respostar, buscádeo en google ata conseguir que vos saia todo o rosco, veña ánimo.




Logo vos podedes divertir cun bailoteo de just dance.

¡¡¡¡Disfrutade, pasadeo ben.
Seguro que pronto nos vemos. !!!!


Nova actividade.

A ver se compoñedes unha melodía, tedes que utilizar figuras negras, corcheas e semicorcheas, escoitade a canción e grabala, logo levade o ritmo con palmas.

Facede clic enriba da imaxe:





Tamén imos ver un instrumento tradicional galego chamado:

ALBUCHE DE CANA
 É un instrumento fabricado por nenos empregando tubos de cana de diferente e crecente lonxitude que, unidos xuntos polos extremos empregando un cordel, e deixando unha separación moderada entre eles, eran refregados cun pau arriba e abaixo. O instrumento pendurábase do pescozo polo mesmo cordel que xunguía as canas e mantíñase en tensión, estirando o cordel polo lado oposto coa man que non sostén o pao.



Audición


Vos propoño como tarefa a audición deste video-conto dunha obra moi bonita, así como unha pequena lectura sobre o autor:

Obra: Pedro e o lobo.





Escoita esta preciosa obra de Sergei Prokófiev


O autor: Sergey Prokofiev (Sóntsovka, 23 de abril de 1891 - Moscú, 5 de marzo de 1953) foi un compositor,pianista e director de orquesta soviético. Creador de obras mestras recoñecidas en numerosos xéneros musicais, está considerado un dos compositores máis importantes do século XX. Entre as súas obras inclúense pezas tan ben escoitadas como a marcha de O amor das tres laranxas, a suite Lieutenant Kijé, o ballet Romeo e Julieta, do que está sacada a "Danza dos cabaleiros", e Pedro e o lobo.

Canción de frauta.


A partitura:

(Se queres ampliala, preme enriba da foto)

A música.



Tócase así